ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Pleno infantil do CEIP Condesa Fenosa no Concello do Barco

Previamente os alumnos de cuarto deste centro facíanlle unha batería de preguntas ao alcalde barquense

Ás doce en punto do mediodía do 13 de xuño uns 50 alumnos do CEIP Condesa Fenosa eran recibidos polo alcalde do Barco ás portas da antiga casa consistorial. De seguido, subían as súas escaleiras e situábanse, cada un no seu posto, no salón de plenos para comezar unha sesión plenaria moi especial.

Pero antes, cada un dos alumnos dirixíalle unha pregunta ao rexeder barquense, Alfredo García. Entre elas había cuestións sobre medio ambiente, parques infantís, educación ou mesmo sobre a responsabilidade que supón exercer este cargo político. O alcalde agradeceu a visita e tomou boa nota dalgunha das cuestións plantexadas polos cativos.

Ao redor das 12:40h. a alcadesa do CEIP Condesa Fenosa, Nair, abría un pleno moi especial e dáballe ás grazas ao alcalde barquense “por darnos a oportunidade de celebrar esta sesión no salón de plenos”. A partir de aí abordábanse unha serie de puntos, seguidos das correspondentes votacións.

Esta actividade educativa forma parte dun proxecto educativo que veñen de desenvolver os devanditos alumnos durante o segundo e terceiro trimestre deste curso, tal e como se informa dende o CEIP Condesa de Fenosa do Barco.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button