En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Pleno no Barco para elixir por sorteo aos membros das mesas nas eleccións locais

No sorteo saían os nomes dos tres membros de cada unha das 18 mesas que se formarán neste municipio, máis os de dous suplentes por cada un deles

Xusto ao día seguinte da celebración das eleccións xerais, a Corporación do Concello do Barco reuníase na mañá do 29 de abril para celebrar un pleno extraordinario cuxo único punto na orde do día era a designación por sorteo dos membros das mesas electorais para os comicios locais do vindeiro 26 de maio.

A sesión estivo presidida polo alcalde barquense, Alfredo García, quen explicaba que para o sorteo utilízase un programa informático do INE. Tras aplícalo, saían as follas impresas cos nomes das persoas elexidas como presidente e vogais de cada unha das mesas electorais que se formarán neste municipio.

No sorteo saían os nomes dos tres membros da mesa, máis os de dous suplentes por cada un deles, é dicir por cada mesa un total de nove persoas. A diferenza doutras ocasións, nas que se prodecía a dar lectura aos seleccionados, nesta ocasión o alcalde tan só lía os nomes das persoas seleccionadas para a primeira mesa da listaxe e para a última.

En total O Barco terá 18 mesas electorais situadas no Teatro Lauro Olmo, no edificio de usos múltiples, na gardería municipal, na escola de Éntoma, na escola de Vilanova, na escola de Veigamuíños, no CEIP Julio Gurriarán, na Casa do Río Cigüeño, na Biblioteca municipal, no IES Martaguisela, no Concello do Barco e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button