ConcellosÚltima hora

Pleno no Barco para o sorteo dos membros das mesas electorais

A sesión plenaria extraordinaria, presidida polo tentente de alcalde Aurentino Alonso, tiña lugar na mañá do 30 de maio
Un dos momentos do pleno extraordinario./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos do pleno extraordinario./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O salón de plenos do Concello do Barco acollía na mañá do 30 de maio unha sesión extraordinaria cun único punto na orde do día: a designación por sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño. A sesión estivo presidida polo primeiro tentente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso.

En ausencia do alcalde, a sesión foi presidida por Aurentino Alonso./ Foto: Ángeles Rodríguez.
En ausencia do alcalde, a sesión foi presidida por Aurentino Alonso./ Foto: Ángeles Rodríguez.

En total O Barco terá 18 mesas electorais nestes comicios, situadas no Teatro Lauro Olmo, no edificio de usos múltiples, na gardería municipal, na escola de Éntoma, na escola de Vilanova, na escola de Veigamuíños, no CEIP Julio Gurriarán, na Casa do Río Cigüeño, na biblioteca municipal, no IES Martaguisela, no Concello do Barco e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira.

Artigos relacionados

Back to top button