DeportesÚltima hora

Podio para o Peña Trevinca-Barco no Cpto. Ibérico masculino de orientación

Raúl Nogueira era 3º na Distancia Media na proba desputada en Viseu (Portugal)
Raúl Nogueira Gómez foi 3º no campionato ibérico de orientación.
Raúl Nogueira Gómez foi 3º no campionato ibérico de orientación.

A sección de orientación do Club Peña Trevinca-Barco segue de noraboa. Na xornada do sábado 17 de outubro un dos seus membros, Raúl Nogueira Gómez, lograba en Viseu (Portugal) a 3ª posición na categoría Homes +14, na proba de Distancia Media do campionato ibérico masculino 2015 “que se distingue pola súa dificultade técnica”, explican dende a Federación Galega de Orientacion de Ourense.

Membros do Club Peña Trevinca-Barco  antes da carreira sprint.
Membros do Club Peña Trevinca-Barco antes da carreira sprint.

A proba de orientación, desputada en S. Pedro do Sul, contou con tres etapas (de media distancia, sprint e longa distancia) e ademais de dar a coñecer aos mellores atletas ibéricos masculinos, foi valedeiro para as copas nacionais de España e Portugal.Paralelamente á competición houbo rutas abertas para todo aquel que quixo coñecer este deporte, gañar máis experiencia ou simplemente disfrutar dunha fin de semana diferente.

Ademais de Raúl, outros catro membros do Club Peña Trevinca-Barco participaron na carreira sprint.

Artigos relacionados

Back to top button