Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Podios para o Club Peña Trevinca Barco na 8ª Carreira da liga galega de orientación a pé

Fran Camba.

Os orientadores do Club Pena Trevinca do Barco de Valdeorras tiveron cita con probas oficiais por terceiro sábado consecutivo, neste caso por partida dobre, coa celebración da oitava carreira da liga galega de orientación a pé na matinal e da segunda proba da liga galega de trail orientación durante a tarde.

O mítico mapa de Forgoselo, un dos de maior fama de Galicia, foi testemuña destas 2 probas cun destacado resultado para a novísima Martina Aller na proba da mañá. Martina subiu ao podio obtendo o segundo posto na categoría F12

Outros resultados destacados dos orientadores do club foron o terceiro posto de Francisco Camba en M21 B e o 11º de Pablo Aller en M50. Xa na proba da tarde, tanto Pablo como Martina, alcanzaron o 14º e 29º postos respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button