EconomíaEconomíaÚltima hora

Poesía corgomesa e enogastronomía, na nova proposta da Ruta do Viño de Valdeorras

Publicidade

 

A Asociación Ruta do Viño de Valdeorras xunto co proxecto valdeorrés de dinamización social e cultural “As Letras de Florencio” organiza a actividade “Florencio Delgado Gurriarán. Cando ou viño foi a súa musa”, o día 9 de abril no Complexo Hostaleiro Paladium ás 12:00 horas. No decurso desta proposta haberá unha pequena exposición con poemas do autor corgoomés.

Esta actividade, impartida pola catadora Mercedes González, consistirá nunha cata de seis viños con aperitivos, á que acompañará a interpretación de Diana Rodríguez Ramos, técnico da Oficina de Dinamización Turística e Produtos Tradicionais, de nove poemas do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. O custo desta cata son 10 € por persoa.

Antes de iniciar a actividade haberá unha presentación a cargo de Joaquín Sánchez Rodríguez, presidente da Asociación Ruta do Viño Valdeorras na que tamén intervirán Margarida Pizcueta Barreiro, concelleira de Cultura do Barco, e gran impulsora do proxecto “As Letras de Florencio” xunto con Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses.

 

 

Ao finalizar a cata, poderase degustar un menú no restaurante do hotel especialmente elaborado para a ocasión, tomando como referencia a obra do autor. Este menú non está incluído no prezo da actividade e ten un prezo de 30 euros.

Para poder participar é necesario reservar a través do número 604 07 87 53, ou enviar un mail a info@rutadelvinovaldeorras.com.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button