ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Poesías, homenaxe e teatro, na celebración do Día da Muller en Trives

 

O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollía a partires das oito da tarde do 10 de marzo a celebración do Día Mundial da Muller (cuxa data é o 8 de marzo). Desenvolvíase un completo e variado programa presentado pola concelleira trivesa de Cultura, Igualdade e Muller, Isabel González.

Os actos incluían a proxección dun videoclip, a lectura de poemas, homenaxes e ata unha mini obra de teatro protagonizada por mulleres trivesas. Non faltaban tampouco os agasallos para todos os presentes. E, como broche, servíase unha chocolatada.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button