DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Pola neve na V Andaina do Chourizo entre Trives e Vilanova

Unhas 40 persoas participaban na actividade organizada polo Club Montaña Trives

Dende a praza do Pilón (A Pobra de Trives) ata Vilanova, pasando por Sas, Pena Folenche e San Mamede. É o percorrido que na mañá do 2 de febreiro, Día das Candelas, completaban os 40 participantes (segundo a organización) na V edición da Andaina do Chourizo.

Organizada polo Club Montaña Trives, a ruta de 10 quilómetros e dificultade media, levou aos andarines por soutos de castiñeiros, prados e camimños cubertos en boa parte pola neve caída os días anteriores, aínda que a mañá presentábase tranquila.

 

A ruta pasaba a carón do río.

Sen incidencias e rendindo homenaxe ao seu nome, ao rematar a ruta os asistentes degustaron unha boa chourizada. A xornada completábase pola tarde coa festa que incluía merenda a base chourizos e panceta asada nas fogueiras e baile coa orquestra Solara.

 

Preparando os chourizos para o almorzo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button