CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Polas paisaxes da ausencia e da perda, da man do fotógrafo Iván Merayo

Vén de inaugurar no Teatro Lauro Olmo do Barco a exposición “Por que tapan a dor con flores?”

Coa imaxe dunhas flores convertidas en lixo despois dun enterro principia a exposición coa que Iván Merayo se achega a Valdeorras no marco do Outono Fotográfico. “Por que tapan a dor con flores?” é un relato visual no que este fotógrafo e arqueólogo plantexa unha reflexión sobre a perda, a morte, o abandono, a decadencia ou o esvaecemento. Inaugurábase na tarde do 17 de novembro no Teatro Lauro Olmo do Barco.

A mostra está estruturada en cinco eixos temáticos (con tres imaxes cada un), que se apoian en textos poéticos de Eva F. Ferreira, e debuxan un proceso: ausencias, des-proxecto, aparece, abandono e nada. O punto de partida son as flores, das que xurde tamén o título da mostra. “Estando no Carballiño dando unha volta coa cámara, e conducindo, sen rumbo, atopeime nun descampado cunha imaxe: á porta da única casa do lugar había un contedor con flores. Entón veume á cabeza unha frase de Eva de tres ou catro anos antes durante un enterro no que, ante a cantidade de flores que había, preguntábase ¿por que tapar esa dor con flores? Entón vin a idea”, recordaba o fotógrafo durante a inauguración da mostra, xunto á concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta.

A partir de aí foi desenvolvendo un proxecto creativo no que se topaba co concepto da afectividade. “Somos incapaces de percibir as cousas dun xeito alleo, todo depende da nosa experiencia, da experiencia da xente próxima e daslle voltas e realmente ves qué pensa a xente, qué nos está doendo, qué nos está molestando… E de aí empecei a tirar dos conceptos que están aquí expresados”, comentaba Merayo. Esta mostra poderá verse ata o vindeiro 2 de novembro no Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button