ConcellosÚltima hora

Polbo con cachelos na IX xuntanza popular de Vilela, o 16 de xullo

A cea enmárcase no programa das festas da Virxe do Carme que se celebran esta fin de semana na localidade ruesa
Asistentes á pasada edición sa xuntanza popular en Vilela. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á pasada edición sa xuntanza popular en Vilela. /Foto: Carlos G. Hervella.

A Asociación de Veciños de Vilela ten xa todo preparado para celebrar as festas na honra á patroa da localidade, a Virxe do Carme, que se desenvolverán do venres 15 ao domingo 17 de xullo.

O grupo Alma Latina e o dj Víctor amenizarán a tarde e noite do venres. E xa o sábado, 16 de xullo, un pasarrúas a cargo da charanga Europa anunciará o comezo do día grande das festas con procesión e misa solemne a partires das 12:30 horas. Pola tarde, en torno ás 20:30 horas comezará a IX Xuntanza Popular na Aira, con polbo con cachelos, bica, e licores e viño a esgalla (as entradas, a 12 euros, están á venda en Novo Café, A Cervecería, O Café e Luna’s), animada pola charanga Europa. A verbena estará amenizada polo trío Nostalgias.

As festas rematarán o domingo 17 de xullo cunha misa solemne a partires das 13:15 horas, un campionato de tute no campo da festa ás 17 horas (inscrición o mesmo día e grandes premios) e baile a partires das 20 horas a cargo do dúo D’Cine.

Artigos relacionados

Back to top button
Close