ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Policía Local do Barco vístese de gala para honrar ao seu patrón

A celebración do San Mauro tiña lugar no mediodía do 15 de xaneiro, no casco vello barquense

Coa imaxe a ombros dos municipais do Barco de Valdeorras, ás 13:30 horas do domingo 15 de xaneiro comezaba a procesión de San Mauro, patrón da Policía Local da localidade valdeorresa.

Tras un breve percorrido polas rúas do casco vello, a comitiva encabezada polos axentes e da que tamén formaban parte membros da Corporación Municipal, o grupo de gaitas Amanecer e veciños da localidade, regresaba á igrexa de San Mauro na que se celebraba a eucaristía oficiada polo párroco Tomás Rodríguez.

Como vén sendo habitual, ao rematar a celebración relixiosa, os municipais e os convidados compartían un aperitivo na Tapería Al Natural, brindando por San Mauro.

Na praza Maior, a cafetería Veira Sil celebraba a súa particular festa de San Mauro con música ambiente da discoteca móbil Danzalia durante toda a fin de semana.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button