OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense incorpora dous novos vehículos cedidos pola DXT

Presentación dos vehículos na Praza Maior de Ourense.

A Dirección Xeral de Tráfico vén de ceder dous vehículos ao Concello de Ourense para incorporar á flota da Policía Local. Un deles habilitado cun radar incorporado “para controlar a velocidade dentro da cidade ou para facer estudos de velocidade en diferentes tramos”, dixo o xefe provincial de Tráfico, David Llorente na presentación de hoxe, 27 de novembro, na Praza Maior de Ourense.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asegurou que estes novos vehículos van axudar “a dar resposta ás demandas das asociacións de veciños e colectivos veciñais”, que é o control da velocidade no núcleo urbano.

Esta cesión faise a través dun convenio que teñen asinado o Concello de Ourense coa DXT na que, a través dun resumo de accidentes ocorridos dentro do casco urbano por parte do consistorio “a DXT xestiona a cesión de materiais e vehículos”. Este radar incorporado no novo vehículo xúntase a outro radar móbil que a DXT cedera ao Concello de Ourense compartido cos concellos do Carballiño, Ribadavia ou O Barco de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button