ConcellosÚltima hora

Polo Barco en bicicleta

A bicicletada, centra os actos da semana da mobilidade no concello valdeorrés

Cunha semana de retraso sobre a data prevista por mor das chuvias, na tarde do xoves 25 de setembro, celebrábase no Barco de Valdeorras a bicicletada “O Barco sen coche”, incluída dentro do programa da Semana da Mobilidade organizada dende a concellería de Medio Ambiente.

Con saída dende o comezo do carril bici, no Malecón, os participantes percorreron boa parte do pobo, chegando ata Viloira e regresando ata a praza do Concello onde o concelleiro Aurentino Alonso entregou agasallos aos cativos.

Un día antes, instalábase tamén no Malecón, un parque de educación viaria coordinado pola Policía Local.

Dentro das medidas permanentes do programa de mobilidade, o Concello planea a creación de plans de mobilidade cidadá a pé e en bicicleta entre as zonas do concello e o hospital, os colexios e o Concello.

Fotos: Carlos G. Herevella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button