CulturaCulturaÚltima hora

“Polos camiños de Avión”, unha viaxe cultural por este municipio

O autor, Xesús Antonio Gulías Lamas, presentou hoxe o seu traballo no Pazo Provincial
Antonio Montero, Xesús Antonio Gulías Lamas e Manuel Doval.

O autor Xesús Antonio Gulías Lamas, presentou hoxe, 16 de xuño, o seu libro “Polos Camiños de Avión”. Unha obra onde fai unha viaxe cultural pola tradición e a historia deste municipio ourensán. No acto de presentación participou o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval e o alcalde de Avión, Antonio Montero.

Manuel Doval destacou que esta obra “permítenos coñecer o municipio, un territorio que está marcado pola pegada que deixan nel as súas xentes e que non finaliza nos camiños de Avión, senón que están espalladas por todo o mundo a través da historia de todos aquel que emigraron e que aínda atopan en Avión a súa sinal de identidade”. O deputado provincial de Cultura lembrou que Xesús Antonio Gulías Lamas xa “conta con outros traballos referentes a concellos como Beariz, por exemplo”.

O autor da publicación explicou que, ademais do “achego” que sente por esta terra, o principal motivo que “me levou a facer esta viaxe por todos os lugares deste concello para poder escribir este libro foi a ansia de profundar máis na súa cultura, no seu patrimonio e nas súas tradicións. Tratei de que esta andaina polas terras de Avión fora esencialmente cultural” pero, Xesús Antonio Gulías Lamas, sinalou que a cultura “non está só nos libros e arquivos, senón tamén nas xentes do pobo que foi recompilando datos, historias e lendas a través do tempo, polo que son enciclopedias viventes ás que hai que acudir e consultar”.

Nese mesmo senso, Antonio Montero fixo alusión a un fragmento do libro que reflexa, segundo el, o que nel se conta: “O do viaxeiro é un turismo pobre, pero que o enriquece a el culturalmente, porque vai descubrindo en cada lugar por onde pasa, os tesouros que se foron conservando a través dos anos, dos séculos, ás veces ata dos milenios, co que se vai facendo unha idea de como era a vida dos seres humanos de cada sitio”.

O alcalde de Avión dixo sentirse “orgulloso de que se escriba un libro o noso municipio, facendo un repaso non só pola cultura e o patrimonio relixioso e arquitectónico, senón tamén polas vivencias dos que habitaron Avión, dos actuais veciños e dos que non están no municipio, porque co traballo e esforzo de moita xente dos seus pobos fixeron que cos anos se escribiran moitas historias”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close