En portadaÚltima hora

Polos Sequeiros triveses e a ponte Navea, na camiñada cultural do 17 de novembro

A saída será ás 9:30h. da aldea de Pena Folenche e o traxecto será de 6 quilómetros de gran interese paisaxístico e patrimonial

Ata a veciña comarca de Terras de Trives achegarase a vindeira Camiñada Cultural de Valdeorras. Está prevista para o 17 de novembro e transitará pola ruta dos Sequeiros e pola ponte Navea. A saída será ás 9:30h. da aldea de Pena Folenche (Trives) e regresará ao mesmo punto cara as 13:30h. “Serán uns 6 qm. fáciles de andar e de grande interese paisaxístico e patrimonial”, adiantan dende a organización.

Este percorrido, cun carácter circular, permitirá descubrir a tradición arredor do aproveitamento da castaña. Pena Folenche, próxima a Pobra de Trives, reúne un dos mellores conxuntos de sequeiros, onde tempo atrás se secaban as catañas. “Ao deixar atrás as últimas casas da aldea contémplase unha fermosa paraxe, coas fragas dos ríos Navea e Bibei no horizonte”, e “por entre os soutos e os sequeiros chegaremos á ponte do Navea, unha obra medieval sobre unha anterior romana, no paso da Via Nova que unía Braga e Astorga”, adiantan dende a organizacón en mans do Concello do Barco.

Esta ruta será guiada por persoal da Oficina de Turismo do Concello de Trives, tamén contará coas explicacións do arqueólogo Santiago Ferrer, especialista na romanización. Como en todas as Camiñadas culturais non é preciso inscribirse, é unha actividade gratuita, pode participar calquera persoa que queira estando puntual no punto de partida, os menores deberán ir acompañados e cada quen chega ao punto de partida polos seus propios medios.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close