ConcellosÚltima hora

Póñense á venda as entradas para a XX Festa da Freba de Petín

Custan 15 euros e poden mercarse no Concello de 9 a 14h.

Servindo as frebas na pasada edición da festa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste luns 25 de novembro, o Concello de Petín poñía á venda as entradas para a XX edición da Festa da Freba que se celebrará o vindeiro venres 6 de decembro na carpa instalada a carón da Casa da Cultura (antigo teleclub). A cita será a partir das 14:30h. e o menú estará formado por consomé, chourizos cocidos con cachelos, frebas á grella, postre, café e licores.

As entradas custan 15 euros e poden mercarse no Concello en horario de 9 a 14 horas. Tamén se poderá reservar mesa a partir de 6 entradas.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button