EconomíaEconomíaÚltima hora

Póñense as bases para crear unha Asociación de Hostaleiros en Xinzo de Limia

Xuntanza de hostaleiros de Xinzo de Limia o 9 de novembro no salón de plenos do Concello./ Foto cedida.

 

A hostalaría de Xinzo de Limia está dando pasos para traballar de maneira conxunta e afrontar a situación de crise actual derivada da pandemia do Covid-19. Nese senso, tiña lugar na tarde do 9 de novembro unha xuntanza no salón de plenos da Casa do Concello de cara a para formalizar unha nova Asociación de Hostaleiros neste municipio.

Preto dunha vintena de hostaleiros asistían ao encontro co fin de artellar, “dunha vez por todas unha organización que os englobe e os represente nun dos momentos máis cruentos da hostalería nos últimos anos, causado polo peche deste sector pola Xunta como medida de prevención para restrinxir a propagación do Covid-19 por segunda vez no que vai de ano”, indican os asistentes á xuntanza.

“Logo de varios intentos e moitos anos de perseguir este proxecto conseguiuse finalmente chegar a un quórum entre unha pequena porcentaxe de donos e representantes hostaleiros da capital limiá, aínda que se espera que nun futuro próximo se sigan unindo máis persoas do sector”, engaden os presentes, que cualifican a xuntanza de “frutífera”, matizando que con ela quíxose  “poñer nome e forma ao que, sen dúbida, será un gran paso para un dos sectores máis grandes e importantes do Concello de Xinzo”.

Esta asociación, de agora en adiante denominada “Asociación de Hostaleiros da Limia”, pretende ser unha entidade “independente e con capacidade de decisión propia, cuns obxectivos que redundarán na pescuda de beneficios para todas as persoas que vivan da hostalería, como a formación, as achegas económicas, a creación de promocións conxuntas e demais accións dentro do marco do desenrolo do sector hostaleiro”, aseguran os seus promotores.

E, como principal tarefa, este colectivo propúxose “redactar uns estatutos e crear fórmulas de traballo comúns e xustas para cada un dos seus asociados onde predominará o respecto e o compañeirismo como piares fundacionais da asociación. Dende o sector preténdese facer un claro chamamento a todos os hostaleiro do Concello paraque se unan ó movemento asociativo pois hoxe máis ca nunca a unión de todos fará a forza necesaria para afrontar uns tempos que se presumen complexos e esixentes”.

Por iso convidan a calquera representante da hostalería limiá a asistir á próxima reunión que se celebrará o vindeiro martes, 17 de novembro, as 17:00 h. no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia onde se tratarán de novo os estatutos e se comezará coa presentación de candidaturas para o corpo directivo da asociación.

Artigos relacionados

Back to top button