DeportesÚltima hora

Póñense en marcha as Escolas Deportivas de Quiroga con 75 participantes

 

Nesta semana veñen de poñernse en marcha as Escolas Deportivas organizadas dende a Área de deportes do Concello de Quiroga. Nas modalidades de fútbol sala e voleibol acollen a 75 nenos e nenas de entre 6 a 15 anos de idade.

Dentro das escolas deportivas hai varias categorías: prebenxamín para os nacidos entre o 2014 e o 2015; benxamín, para os nacidos no 2012 e 2013; alevín, para os nacidos no 2010 e o 2011; infantil, para os nacidos no 2008 e 2009; e finalmente a categoría cadete para os nacidos entre 2006 e o ano 2007.

Os adestramentos van en función da categoría. Así os prebenxamíns adestrarán os luns e mércores a partir das catro e media da tarde. Os benxamíns fano os martes e xoves ás cinco e media. Os alevíns adestrarán os luns e mércores as cinco e media e finalmente os infantís e cadetes fano os luns e mércores ás seis e media.

O outro deporte que inclúe as Escolas Deportivas é o voleibol. Os participantes adestran os martes e os xoves a partir das seis e media da tarde.

Na tarde de onte comezaban polo tanto primeiro os participantes de fútbol sala na categoría benxamín e unha hora máis tarde facíano os participantes de voleibol. Nesta primeira xornada o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, achegouse ata o pavillón municipal para saudar os rapaces e rapazas así como ao concelleiro de deportes, Andrés Novoa, quen se encarga dos adestramentos das escolas deportivas.

As Escolas prolongarán a súa actividade ata o 3 de xuño, data prevista para a celebración da clausura e a Gala do Deporte Quirogués.

Artigos relacionados

Back to top button