CulturaCulturaÚltima hora

Ponse en marcha a cuarta edición do festival ourensán “Terra Máxica”

Esta iniciativa, organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. Galega, achegará espectáculos de maxia a seis concellos ourensáns: A Rúa, Viana do Bolo, Allariz, Baños de Molgas, Barbadás e Verín
O vianés Mago Teto, nun dos espectáculos do festival Terra Máxica.

A cuarta edición de Terra Máxica comeza a súa andaina este venres en Barbadás. Este conxunto de actuacións desenvolverase do 15 de marzo ao 20 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, o xa citado Barbadás, Viana do Bolo e Verín.

Esta edición arrancará este venres 15 de marzo ás 19h. na Casa da Cultura de Barbadás da man de Dani García e do seu espectáculo “Código”. Dous días despois, o domingo 17, o Mago Teto, natural de Viana do Bolo, estará en Verín coa conferencia-espectáculo “A incrible historia da maxia” na Casa da Cultura ás 11:30. Ademais en Allariz, tamén o domingo 17, Fani Triana levará o seu espectáculo “Fantasía dos Sentidos”.

Esta iniciativa que aposta pola maxia, organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. Galega, mantense “grazas ao traballo en rede dos concellos participantes, nun esforzo por achegar a cultura á cidadanía, non só nos grandes escenarios, senón noutro tipo de espazos, e por dinamizar máis aínda a vida cultural destes concellos a través das artes escénicas, máis en concreto, con maxia de primeiro nivel”, segundo indican os seus promotores.

No caso de Viana do Bolo, no marco de Terra Máxica poderán verse na Casa da Cultura dous espectáculos: “Alquimia” do Mago Teto o 30 de marzo ás 19:30h. e “Fantasía dos sentidos” con Fani Triana o 13 de abril ás 19:30h.

No referente á Rúa, tres serán as actuacións previstas no Centro Cultural Avenida: “Código” de Dani García o 31 de marzo ás 17h., “Fantasía dos sentidos” con Fani Triana o 7 de abril ás 17h. e “Alquimia” do Mago Teto o 14 de abril ás 17h.

Artigos relacionados

Back to top button