ConcellosÚltima hora

Ponse en marcha a escola municipal de gaitas de San Xoán de Río

O 28 de setembro comezarán as clases e terá lugar unha xornada de portas abertas neste centro

 

No Centro Social (Casiña Azul) de San Xoán de Río terá lugar o vindeiro 28 de setembro ás 11h. a primeira xornada da Escola Municipal de Gaitas deste concello. Nela contarase coa presenza de Xosé Lois Foxo, fundador da Real Banda de gaitas da Deputación de Ourense e da escola provincial de gaitas.

Foxo será o encargado de tutelar as clases, comprobando mensualmente os avances dos alumnos contando coa gaiteira Ari, para impartir clases, segundo o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez. Ademais o rexedor matiza que o “primeiro día será gratuíto, e de portas abertas, informando do formato do curso, dividíndoo en grupos de aprendizaxe e indicando o material necesario para participar no mesmo, así como a cota mensual a pagar polos alumnos para sufragar os gastos de impartición das clases por parte do profesorado”.

Nun principio as clases daranse os sábados en horario de mañá e a escola estará aberta a todas as idades e a xente de concellos limítrofes.

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button