OurenseÚltima hora

Ponse en marcha a Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Ourense

Exporá máis de 45.000 exemplares de libros antigos ata ata a terceira fin de semana de setembro na Alameda da cidade
A presidenta da Federación de Librarías de Galicia e o alcalde de Ourense, na inauguración da feira.
A presidenta da Federación de Librarías de Galicia e o alcalde de Ourense, na inauguración da feira.

Ata o vindeiro día 21 de setembro, en horario de 11 a 14 horas, poderá visitarse a Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Ourense. Esta mostra reúne a libreiros de toda España, e máis en concreto de zonas como Murcia, Madrid, León e Valladolid, ente outras.

Así, nas casetas instaladas na Alameda estarán expostos máis de 45.000 exemplares de libros antigos, vellos, de saldo e ocasión, ademais doutros materiais impresos ou manuscritos (cartas postais, documentacións profesionais, revistas, carteis publicitarios, cartas de navegación, gravados, xornais, cómics…) con excelentes oportunidades para bibliófilos, coleccionistas e lectores, que poderán adquirir a prezos moi interesantes, tal e como se destaca dende a organización.

O acto inaugural da feira tiña lugar no mediodía do 6 de setembro coa asistencia da presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez; do alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e do presidente da Agrupación de Libreiros de Ourense, José Manuel García.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button