EconomíaEconomíaÚltima hora

Ponse en marcha a sétima edición de “Quiroga de Tapas”

Acto inaugural da 7ª Quiroga de Tapas.

Ata o vindeiro 30 de marzo poderán saborearse en Quiroga as propostas culinarias da sétima edición do certame “Quiroga de Tapas”. Esta iniciativa, na que nesta edición participan trece establecementos de hostalaría da vila, poñíase en marcha na tarde do 22 de marzo. No acto inauguración participan membros da Corporación Municipal xunto co presidente da Asocición de Hostelería e Turismo da Provincia de Lugo, Cheché Real, e a delegada da zona sur de Lugo, Beatriz Vila.

Os trece locais que participan nesta edición e as súas tapas son os seguintes:

ADEGA DA MARÍA: Aires de Limón
AS PALMERAS: Pecata Minuta
QUIPER: Cachopo, qué?
RAPOSO: Salmón acompañado de Castañas do Courel
RUXE-RUXE: Pote de Alubias con Almejas e Bacalao Fresco
LAGO: Cogomelos Recheos Estilo San Xacobo
FÉLIX: Solombo con Crema de Boletus e Redución de Mencía
en Flor de Pataca
ROXO VIVO: Tenreira Galega Glaseada con Tinto de Quiroga,
Puré de Patacas e Cenoria.
TORRES: Asado de Carne que Pin, que Pan. Uh! Ja!
CHAPA: Catro Estacións
DIMAR: O Ben Querido
A PEDRA: Ensalada Templada de Pasta, con Piquillo, Queixo
e Langostinos
FERREIRIÑO: Interpretación de Polbo a Feira con Aceite de Quiroga

Artigos relacionados

Back to top button