EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ponse en marcha a nova central hidroelétrica de San Pedro II, en Nogueira de Ramuín

O acto inaugural, celebrado na mañá do 31 de xaneiro, contaba coa asistencia do presidente de Iberdrola e do titular da Xunta de Galicia

Culmínase a ampliación do maior complexo hidroeléctrico de Galicia. Iberdrola vén de poñer en marcha a nova central de San Pedro II na conca do río Sil, na zona ourensá de Nogueira de Ramuín. Estas instalacións inaugurábanse na mañá do 31 de xaneiro nun acto que contaba coa asistencia do presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, e do titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Tras percorrer esta nova infraestrutura hidroeléctrica e descubrir unha placa conmemorativa, o presidente de Iberdrola destacaba que con ela ponse o broche final á “ampliación do complexo San Esteban-San Pedro, co cal xeramos un conxunto de máis de 500 MW de potencia instalada, co cal podemos dar enerxía para máis de 320.000 fogares, é dicir, unha obra moi importante que vai ter unha gran trascendencia para o abastecemento de enerxía eléctrica para Galicia e para toda España”.

Ademais resaltaba que esta iniciativa ten permitido impulsar o tecico empresarial galego. “Fíxose un investimento de 200 millóns de euros e na obra traballaron máis 800 personas dende o 2008, case dez años. Ademais fixérona empresas galegas”, aseguraba Ignacio Galán. Ao seu lado, o presidente da Xunta da Galicia amosaba a súa satisfacción por esta nova central. “Para min isto non é unha inauguración calquera, inauguramos unha infraestrutura para sempre e estámolo facendo ao lado dos Peares, que é o lugar onde nacín e onde vivín”, dicía. Tamén se refería a San Pedro II como un exemplo desa aposta pola eficiencia que aumenta o rendemento da central situada río arriba sen máis afección do recurso.

Este acto inaugural contaba coa presenza de numerosas autoridades, entre elas o conselleiro de Economía, o delegado do Goberno en Galicia, o vicepresidente da Deputación de Ourense, e alcaldes da zona, o subdelegado do Goberno en Ourense, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, así como directivos de Iberdrola e representantes de diversas empresas galegas.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button