En portadaÚltima hora

Ponse en marcha o Centro de Teletraballo de San Xoán de Río

 

Neste primeiro de xullo vén de poñerse en funcionamento o Centro de Teletraballo promovido polo Concello de San Xoán de Río. “É un telecentro no que calquera persoa pode teletraballar cunha conexión de alta velocidade a través de fibra óptica”, destaca o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.

Con esta medida este Concello pretende dar “un servizo esencial para os nosos cidadáns e visitantes que permitirá que a xente que temos emigrada poida pasar mais tempo na que verdadeiramente é a súa casa”, engade o rexedor.

Este Centro de Teletraballo é un dos proxectos nos que vén traballando o Concello de Río nos últimos meses de cara a converter a crise do Covid nun tempo de oportunidades para o rural apostando polas novas tecnoloxías.

 

Artigos relacionados

Back to top button