CulturaCulturaÚltima hora

Ponse en marcha o I Ciclo Memoria, Historia e Cultura Popular en Vilamartín

A longametraxe “Guerrillero contra Franco” abría o calendario destas xornadas o 7 de marzo
Antón Rodríguez, do "Colectivo 144 irmáns", presentando o documental que abría este ciclo cultural en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.
Antón Rodríguez, do “Colectivo 144 irmáns”, presentando o documental que abría este ciclo cultural en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coa proxección do documental “Guerrillero contra Franco” abríase o calendario de actos do I Ciclo Memoria, Historia e Cultura Popular o 7 de marzo en Vilamartín. Este filme afonda na figura de Francisco Martínez López “Quico”, que fala das súas experiencias na dura loita da guerrilla, do que supuxo para el un mozo de apenas 20 anos, emprender unha fuxida ao monte, a unión á guerrilla.

Tras a proxección tiña lugar un coloquio sobre a necesidade de dar coñecer a loita que supuxo a defensa das liberdades contra o totalitarismo fascista, das aprendizaxes e das cuestións que poden ser útiles para a situación actual. Do mesmo xeito, falouse da necesidade de establecer mecanismos de comunicación entre as xeracións pasadas e as futuras, para que as máis novas, sexan conscientes da necesidade de defender dereitos e valores democráticos.

Este ciclo de actividades, promovido polo “Colectivo 144 irmáns”, terá continuidade con novas accións que non se centrarán só “na memoria histórica, senón que tamén se abordarán diversos temas entre os que está a cultura tradicional, a posta en valor do patrimonio local, a historia de Valdeorras”, segundo adiantaba no acto de presentación Antón Rodríguez, dende o colectivo.

Artigos relacionados

Back to top button