ConcellosO BarcoTrivesÚltima hora

Ponse en marcha o proceso selectivo da 14ª promoción da Policía Local na AGASP

Entre os concellos nos que se cubrirán prazas están os do Barco e Trives

 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu esta mañá o acto de despedida aos 98 alumnos da 13ª promoción da Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP ), que remataron a súa formación teórica na academia o pasado decembro e este mes realizaron a parte práctica nos seus 37 concellos de orixe, onde tomarán posesión o próximo martes como funcionarios de carreira.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, sinalou o importante labor que presta a AGASP na formación das novas promocións de Policía Local e na súa selección a través das oposicións unificadas a través do convenio asinado en 2017 coa FEGAMP para colaborar cos concellos galegos que dedican delegar no Goberno galego a selección e formación das súas plantillas de Policía Local. Ata agora, 89 concellos dos 129

Así, unha vez rematada a formación desta promoción xa se comezou o proceso selectivo da seguinte convocatoria que conformará a 14ª promoción. Máis de 870 persoas xa participaron o pasado xoves, 20 de xaneiro, nos dous primeiros exercicios da oposición unificada: a proba de avaliación de coñecementos e a proba de coñecementos de lingua galega, esta última para os aspirantes non exentos de realizala.

O terceiro exercicio do proceso selectivo correspondente ás probas físicas levarase a cabo do 9 ao 11 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Unha vez rematado o proceso, prevese o inicio nas instalacións da AGASP do curso de formación teórico-práctico obrigatorio que deberán superar os aspirantes que aprobaron as probas anteriores antes de poder elixir destino e ser nomeados funcionarios en prácticas polos concellos.

A Pobra de Trives e O Barco, entre os concellos nos que se cubrirán prazas

A través desta vía cubriranse un total de 70 prazas comunicadas por 29 entidades locais: A Coruña, A Pobra de Trives, Betanzos, Bueu, Carballiño, Fene, Ferrol, Foz, Lugo, Narón, Nigrán, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ordes, O Rosal, Ortigueira, Ponteareas, Pontevedra, Porto do Son,  Redondela, Ribeira, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valdoviño, Vilagarcía de Arousa e Viveiro.

A AGASP é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia, xa que ademais de preparar ás novas promocións de Policía Local ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario e dos servizos de emerxencias que traballan na comunidade para garantir a seguridade dos galegos e galegas.

Artigos relacionados

Back to top button