OurenseÚltima hora

Pónse en marcha o proxecto de emprego para mozos EmprendOu

O obxectivo é afrontar o reto demográfico da provincia

 

O proxecto EmprendOu da Deputación de Ourense, pónse en marcha. Esta iniciativa ten como obxectivo afrontar o reto demográfico na provincia, de forma que se concederán axudas de 675 euros ao mes para mozos. O requisito é presentar proxectos empresariais ou de auto-emprego en municipios rurais de menor poboación.

Así, este proxecto está deseñado para persoas de entre 16 e 30 anos, para que poidan desenvolver a súa actividade empresarial, xa sexa individual ou formando parte dunha persoa xurídica de carácter mercantil, e o fagan naquelas áreas rurais afectadas polo gran desafío demográfico, os que se denominan “municipios elixibles”, en concreto, son 82 os concellos da provincia que poderán beneficiarse deste proxecto.

A dispoñibilidade orzamentaria para este programa de emprendemento, financiado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo, ascende aos 2.025.000 euros, sendo a contía da axuda concedida ás persoas beneficiarias deste proxecto de 675 euros por cada mes de exercicio efectivo, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar afirmou que o tema do despoboamento do rural é ocupa “un lugar prioritario na nosa folla de ruta. Bo exemplo disto é que, ademais de crear unha área específica para abordar esta cuestión, adoitaremos medidas de carácter social, económico e laboral como a creación do Observatorio do Medio Rural”.

Os interesados en solicitar estas axudas poderán facelo ata o 30 de novembro de 2019. Para máis información: https://www.emprendou.com/

Artigos relacionados

Back to top button