EconomíaEconomíaÚltima hora

Ponse en marcha un programa para formar a autónomos en comercio electrónico

A iniciativa, promovida pola Xunta, ofrecerá dous cursos online de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda online e a creación de tendas virtuais

 

Autónomos dixitais é un novo programa formativo que pretende facilitar a 1.200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos.

A medida, que xa foi presentada ás asociacións de autónomos máis representativas en Galicia (Agtamar-UPTA, APE e ATA), enmárcase nas accións que o Goberno galego está deseñando dento do Plan de reactivación económica e complementa tanto as axudas para compra de equipamento dixital como os servizos para facilitar as ferramentas necesarias para impulsar un cambio de tendencia no colectivo autónomo.

“O programa ofrecerá dúas accións formativas online de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda online e a creación de tendas virtuais. En concreto, Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en e-commerce“, segundo informa a Consellería de Economía.

As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza ata o 22 de xullo cubrindo un formulario web na páxina https://www.autonomosdixitais.com. Os cursos iniciaranse todos os xoves a partir do 21 de maio e o último comezará o 23 de xullo.

 

Artigos relacionados

Back to top button