OurenseÚltima hora

A Ponte do Milenio recupera a circulación total de tráfico

Reabre as dúas calzadas de xeito definitivo tras ter sido pechado no pasado verán por obras de reforma
A conselleira de Infraestruturas visitou as obras da Ponte do Milenio o pasado verán.
A conselleira de Infraestruturas visitou as obras da Ponte do Milenio o pasado verán.

A Ponte do Milenio de Ourense recupera a circulación rodada coa reapertura das vías a partires das 17 horas de mañá, venres 14 de outubro. Esta infraestrutura tivo que ser sometida a varios meses de traballos para coidar a súa estrutura, traballos que no pasado verán obrigaron a pechar a circulación viaria sobre ela. Agora volve estar operativa para os vehículos, pero as actuacións de mellora aínda se prolongarán até o mes de novembro.

Segundo informa a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que executa as obras a través da Axencia Galega de Infraestruturas, as actuacións xa están certificadas en máis dun 70%, tras teren comezado no pasado xullo. Entre as tarefas ás que se someteu esta infraestrutura, os operarios procederon ao selado de fendas, eliminación de corrosión, impermeabilización do taboleiro, retirada de vexetación, canalización das augas ou reparación do sistema de iluminación.

A Xunta investíu preto de medio millón de euros nesta posta a punto dunha infraestrutura “emblemática” que entende servirá para “poñela en valor”. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda visitou as obras no pasado verán.

Artigos relacionados

Back to top button