PolíticaÚltima hora

O popular Moisés Blanco di que os orzamentos galegos do 2018 inclúen uns 500.000 euros para o HCV

Destinaranse, entre outras actuacións, “á mellora da zona de consultas externas, do hospital de día, da cirurxía maior ambulatoria ou na creación de novas zonas de traballo na área de farmacia”, segundo este deputado galego
Moisés Blanco, deputado do PP no Parlamento galego.

Segundo vén de facer público o deputado do PP no Parlamento galego, Moisés Blanco, os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro exercicio do 2018 contemplarán unha partida duns 520.000 euros para actuacións no Hospital Comarcal Valdeorras. “Este investimento destinarase, entre outras actuacións, á mellora da zona de consultas externas, do hospital de día, da cirurxía maior ambulatoria ou na creación de novas zonas de traballo na área de farmacia”, segundo o parlamentario, quen lembra que isto xa o anunciara o propio presidente da Xunta de Galicia no recente Debate sobre o Estado da Autonomía.

Blanco sinala que isto é “unha mostra máis da aposta do Goberno galego polos hospitais comarcais e a mellora da atención sanitaria que reciben todos os veciños desta comarca” e “respalda a política sanitaria da Xunta de achegar e mellorar a atención sanitaria a todos os galegos”.

Artigos relacionados

Back to top button