EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Por las Ramas Estudio abre as portas no Barco de Valdeorras

Este centro creativo multidisciplinar está dirixido pola deseñadora gráfica Verónica Vieira

 

Coa idea de “crear cultura en torno á arte e máis concretamente ao deseño gráfico”, unha disciplina pouco extendida na zona, a valdeorresa Verónica Vieira González, deseñadora gráfica e directora de arte, decidía emprender a aventura da súa vida e montar un negocio propio en Valdeorras, abrindo unha fiestra á creatividade para adultos e tamén cativos.

Así nacía Por las Ramas, Arte e Deseño, un estudio creativo multidisciplinar que na tarde do 31 de outubro, en plena celebración do Samaín, abría as portas no centro do Barco.

 

A deseñadora gráfica Verónica Vieira González.

 

Está ubicado na rúa Academia Dequidt Nº 4, e a súa creadora sente debilidade polas artes gráficas handmade ou coma se dixo toda a vida, artesanais, por iso no seu interior podemos atopar artigos feitos por ela mesma (camisetas estampadas e serigrafiadas, velas aromáticas, coxíns, bolsas de tea, chapas,…) aínda que o seu obxectivo máis moito máis aló tendo cabida moitas máis disciplinas:

  • Deseño gráfico
  • Dirección de arte
  • Publicidade
  • Serigrafía artesanal
  • Fotografía
  • Iustración
  • Creación audiovisual
  • Técnicas artesanas
  • Cursos e obradoiros

O último apartado arrancará xa o vindeiro 4 de novembro con propostas para os máis pequenos como o curso “Crecer creativo” aínda que tamén desenvolverá actividades para os adultos como clubs de lectura, talleres de fotografía e estampación,… Os interesados en participar ou saber máis sobre as posibilidades deste estudio, poden poñerse en contacto coa deseñadora a través do correo electrónico: hola@porlasramasestudio.com, no teléfono: 9883 26 212 ou na páxina web: porlasramasestudio.com.

 

No establecemento poden mercarse artigos elaborados artesanalmente.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button