ConcellosEn portadaÚltima hora

Por primeira vez OSil.info retransmitirá en directo un debate político ás 20:30h. de mañá

Os candidatos pola provincia de Ourense ao Congreso do PP, Ana Vázquez; BNG, Iago Tabarés; En Marea, Iván Olmos: e PSdeG-PSOE, Marina Ortega, cara a cara dende Verín
Cartel do debate.

As eleccións xerais están á volta da esquina e mañá, 11 de abril, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a partir das 20:30 horas o primeiro dos debates electorais dos candidatos por Ourense ao Congreso dos deputados.

O Sil, Diario do Támega e Dendealimia.com ofrecerán, en directo e a través das súas plataformas dixitais, o cara a cara dos cabezas de lista das catro formacións con representación no Parlamento galego de cara ao 28A: Ana Vázquez (PP), Marina Ortega (PSdeG-PSOE), Iago Tabarés (BNG) e Iván Olmos (En Marea). O debate estará moderado polo xornalista Xosé Lois Rúa.

 

 

Así, aproveitando as novas tecnoloxías O Sil, xunto cos outros medios colaboradores, retransmitirá por primeira vez un debate en directo, ofrecendo aos seus seguidores, a posibilidade de escoitar de primeira man as propostas para a provincia de Ourense do  Partido Popular, PSOE, Bloque Nacionalista Galego e En Marea.

Será posible conectarse para seguir o debate aos diferentes sitios web dos medios presentes: www.osil.infowww.diariodotamega.es, www.dendealimia.com. Tamén poderá verse a través das súas páxinas de Facebook, desde onde se emitirá en riguroso directo a partir das oito e media da tarde.

Ademais as persoas que queiran asistir persoalmente a este debate encontrarán as portas do auditorio de Verín abertas desde as 19:45 horas. Neste debate abordaranse temas de sanidade, infraestruturas, desenvolvemento económico, ensino…

Artigos relacionados

Back to top button