Galerías de fotosOurenseÚltima hora

“Por que as sombras non teñen ollos” preséntase en Ourense

Esta novela, escrita por Luís García Mañá, está baseada nun feito acontecido na provincia en 1944

O Salón Nobre do Liceo ourensán convertíase na tarde do 1 de outubro en escenario da presentación do libro “Por que as sombras non teñen ollos” de Luís García Mañá. Trátase dunha historia que novela un suceso acontecido no marco da segunda guerra mundial en terras ourensás. Un bombardeiro Hudson da Royal Air Forces estrelábase o 22 de febreiro de 1944 na Serra da Pena, na fronteira entre a provincia de Ourense e Portugal. A partir de aí vai medrando a trama.

Nesta presentación da obra (editada por Xerais), Luis García Mañá, licenciado en Dereito e que exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia; estivo acompañado por José Antonio Alonso Miranda (xeneral do Exército na reserva) e Manuel Bragado. O acto incluía tamén unha pequena exposición de obxectos relacionados coa historia da novela.

Fotos: cedidas por José Rodríguez Cruz

Artigos relacionados

Back to top button