ConcellosÚltima horaVídeos

Por terceiro día os valdeorreses recoñecen con aplausos o papel dos sanitarios contra o coronavirus

 

A campaña anónima xurdida a través das redes sociais para recoñecer o traballo do persoal sanitario, especialmente intenso nestes días, tivo unha boa acollida por parte da poboación en numerosos municipios españois entre eles O Barco de Valdeorras.

Por terceiro día consecutivo (a primeira acción foi o sábado 14 de marzo), os barquenses saían ás fiestras e balcóns na tarde-noite do 16 de marzo para adicar un aplauso dun minuto aos traballadores que loitan directamente contra a pandemia de coronavirus Covid-19 e que tamén son os cidadáns máis expostos ao contaxio.

Artigos relacionados

Back to top button