OurenseÚltima hora

“Porcelanas chinesas”, peza do mes no museo arqueolóxico ourensán

A presentación está prevista para o 10 de xuño ás 20h. no sala ourensá “Escolma de Escultura” en San Francisco
Fragmento de porcelana chinesa, no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense./ Foto: Fernando del Río.
Fragmento de porcelana chinesa, no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense./ Foto: Fernando del Río.

Entre os elementos atopados nas escavacións acometidas no edificio do Museo (soar das Torres, Pazos e Curral do Bispo de Ourense) na primeira década do século XXI, figuraban fragmentos de porcelana chinesa. Formaban parte dun conxunto de restos que “están contribuíndo a coñecer a vida cotiá dos sucesivos bispos e os patróns de uso-consumo de bens de importación por parte da sociedade ourensá ao longo da Idade Moderna”, en palabras da investigadora Ana María Veiga Romero. Tamén no castelo de Maceda encontrábanse recentemente fragmentos deste tipo de material. Estas porcelanas chinesas veñen de ser escollidas como “Peza do Mes” de xuño no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

O acto de presentación desta “peza” está programado para o día 10 de xuño ás 20h. na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A entrada será libre e a intervención correrá a cargo de Ana María Veiga Romero. Esta investigadora lembra no texto publicado arredor desta “Peza do mes” que foi Cinta Krahe, experta en porcelana chinesa e oriental na España dos Habsburgo, quen “nos animou a investigar entre os materiais das citadas esvacacións” e quen “nos brindou algunhas pautas para a súa correcta catalogación”.

Artigos relacionados

Back to top button