ConcellosÚltima hora

Portas abertas en Cruz Vermella Valdeorras

A semana de actividades rematará o sábado 11 de abril coa inauguración oficial da nova sede na Casa Río Cigüeño do Barco
Casa Río Cigüeño, sede de Cruz Vermella Valdeorras.
Casa Río Cigüeño, sede de Cruz Vermella Valdeorras.

Con motivo da nova etapa tralo traslado da asemblea ás instalacións da Casa Río Cigüeño no Barco de Valdeorras, Cruz Vermella Valdeorras organizou unha semana de portas abertas, cunha seríe de actividades gratuítas para a ciudadanía en xeral que se desenvolerán do 6 ao 11 de abril.

O programa arranca hoxe, luns día 6, cun paseo saudable pola mañá dende a sede, pasando por Vioira, O Salgueiral e o Malecón. Pola tarde, ás 20h. haberá unha actuación na sala Baranda a cargo do vocalista Miguel Arias.

Mañá martes, celebrarase o Día Mundial da Saúde, aprendendo sobre a inocuidade dos alimentos ás 11h. na praza del Concello. Pola tarde, exhibición e clases de baile de salón a cargo de Manuel López Diéguez e os membros da súa escola. Será na sede de Cruz Vermella ás 20h.

O mércores, tocaralle o turno ao Zumba, cunha clase ao aire libre a cargo de Reyes Casas Bayón. Será ás 19h. na explanada do Malecón.

Continuando coa programación, o xoves día 9 de abril, ás 11h. celebrarase na Casa Río Cigüeño, un almorzo de traballo cos axentes económicos e sociais da comarca. Pola tarde, en torno ás 18h. haberá unha festa infantil na sala Baranda.

Para o venres está programado un obradorio de desenvolvemento de habilidades para a atención de enfermos de Alzheimer, a cargo da psicóloga María Esther García Pacios. Será ás 18h. na Asemblea de Cruz Vermella, rematando coa plantación da árbore Ginkgo Biloba nos xardíns da sede.

E así chegaremos ao sábado día 11 coa inauguración oficial da sede. O acto institucional arrancará en torno ás 10:30h. coa recepción de asistentes e visita polo edificio, e continuará coa actuación da pianista Sara Marianovich, e dúas conferencias. A primeira a cargo de Antonio Castro Voces xirará sobre a “Historia da Cruz Vermella en Valdeorras”; a segunda, a cargo do historiador e membro do CSIC, Isidro García Tato, versará sobre “A casa de Riocigüeño: Orixe e desenvolvemento dunha casa fidalga valdeorresa”. O acto inclúe asemade a inauguración da exposición “Cruz Vermella en Valdeorras 1978–2015”.

Artigos relacionados

Back to top button