EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Portas abertas na Ruta do Viño de Valdeorras

A terceira edición desta iniciativa, que tamén se desenvolve nas outras tres denominacións de orixe ourensás, comezaba con visitas as adegas e unha degustación á beira do Sil no Barco

A oferta hostaleira valdeorresa e a vitivinícola xunguíanse na III Xornada das Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras. Nela participaban 11 adegas desta denominación de orixe, tres aloxamentos e catro restaurantes. O programa encetábase o 7 de xuño con visitas ás adegas participantes e catas-degustación. Xa en torno á noitiña tiña lugar no Paseo do Malecón do Barco unha degustación de copas de viño e pinchos (ver imaxes da galería).

Na mostra servíronse viños das adegas: Godeval, O Cepado, O Casal, Roandi, Virxe de Galir, Ruchel, A Coroa Avelina Vázquez, D’Berna, Adega da Pinguela e Alán de Val. As degustacións de pinchos correron a cargo de Piquiño e Mesón Museo.

As xornadas proseguirán o 8 de xuño con novos percorridos polas adegas e unha fin de festa de covas na zona da Coroa (A Rúa).

Máis informacion e fotografías na vindeira edición do Periódico O Sil (ver número de xullo).

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button
Close