ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Portela do Trigal, en festas

Os veciños da localidade valdeorresa celebran os festexos na honra a Santa Ana con procesón, música e xantar popular

Coa procesión coa imaxe da santa polo pobo amenizada pola charanga Terras do Bibei o sábado 11 de xullo, arrancaban os festexos na honra a Santa Ana en Portela do Trigal (Carballeda de Valdeorras). Uns festexos que continuaban coa sesión vermú e o xantar popular na praza, coa acompañamento musical da charanga e da discomovida A Boa Festa. Xa pola noite, o baile correrá por conta da orquestra Nievla que tocará ata a madrugada.

A celebración continuará de cara a mañá domingo 12 de xullo, xornada que estará amenizada integramente pola discomovida A Boa Festa que estará activa durante toda a tarde e tamén parte da noite. Mañá tamén haberá xogos infantís, completando a programación lúdica, os campionatos de futbolín, tute, subasta e bolos.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button