SanidadeÚltima hora

Portugal podería ter un estatus especial no protocolo de viaxeiros da Xunta polo Covid-19

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explora as posibilidades de incluir só as zonas de alta incidencia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto co embaixador de Portugal, João Mira Gomes. / Foto: cedida.

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, trasladou ao embaixador portugués, João Mira Gomes, a necesidade de establecer unha diferenciación por zonas de incidencia do coronavirus para o país veciño, dados os lazos que unen ambos territorios. Fíxoo no marco dunha xuntanza celebrada hoxe, 29 de xullo, na que o titular da Xunta incidiu nos beneficios do protocolo de viaxeiros, que obriga a comunicar a súa chegada aos viaxeiros que proveñan de territorios con incidencia epidemiolóxica 3,5 veces superior á de Galicia.

O protocolo non contempla diferencias dentro do territorio dos países estranxeiros pero Núñez Feijóo explorará as posibilidades de rexionalizar o caso de Portugal. O presidente da Xunta tamén avanzou que nos próximos días o conselleiro de Sanidade reunirase co secretario de Estado de Sanidade para abordar esta proposta.

O plan da Xunta busca facer de Galicia un destino seguro para tanto para os galegos como para aqueles que a visiten dende outros países ou territorios do estado. Póñense á disposición dos visitantes o servizo sanitario galego e adoptaranse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias en cada caso. “A finalidade é poder actuar, no caso de que sexa preciso, dunha forma máis rápida”, sinalaba o presidente.

Artigos relacionados

Back to top button