OurenseÚltima hora

Portugués, robótica ou tango amplían a oferta da Universidade Popular de Ourense

O prazo de inscripción abrirase o vindeiro luns 2 de outubro e este ano incorpóranse 45 novos obradoiros e cursos
Sonia Canal, Jesús Vázquez e Belén Iglesias .

A Universidade Popular do Concello de Ourense amplía a súa oferta de actividades formativas para o curso 2017/2018, que chegará a un total de 142 cursos e obradoiros, dirixidos a persoas maiores de 16 anos. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, e a coordinadora do programa, Sonia Canal presentaron hoxe, 25 de setembro, unha nova redición do programa, que este ano confía en seguir aumentando o número de participantes (e superar a cifra récord de 3.006 acadada o curso pasado).

A programación incorpora este ano 45 novas propostas en materias tan diversas como: portugués, robótica, xardinería ecolóxica, musicoterapia, cómic, intelixencia emocional, Autocad ou tango, entre outras. Tamén ofertará cursos on line de temática tan atraínte como son os de “Como protexer a fillos e fillas en Internet, ou como mellorar as vendas dun negocio”.

O luns día 2 de outubro abrirase o prazo de preinscrición, a través da modalidade online. A programación completa pódese consultar xa na páxina web da Concellería de Educación.

Artigos relacionados

Back to top button