ConcellosParada de SilÚltima hora

Positivo arranque da tempada de turismo en Parada de Sil

 

Coa apertura dos tres puntos de información turística do Concello de Parada de Sil vén de poñerse en marcha a tempada de turismo neste municipio da Ribeira Sacra. Eses tres puntos, que levaban pechados dende o 8 de decembro, “contan con distintivo de calidade turística en destino, outorgada pola Secretaría de Estado de Turismo do Goberno de España”, tal e como lembran dende a administración local.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosa a súa satisfacción por contar co mesmo equipo de informadores, “xa que desenvolven un traballo que vai moito máis alá da mera información, amosando sempre unha grande imlicación que permite acadar magníficos resultados”.

En torno a 300 persoas visitaban o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil entre o sábado e o domingo pasados, “o que pon de manifesto que segue a ser un dos puntos máis visitados da Ribeira Sacra”.

Tamén informa o alcalde de que en Semana Santa “dende o xoves ata o domingo incluídos os dous, será obrigatorio deixar o transporte privado en Parada e desprazarse nun bus lanzadeira que voltará a funcionar tamén nos meses de verán para contribuír a preservar o medio natural no que se atopa o misterio libre de contaminación”.

Artigos relacionados

Back to top button