Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Positivo en Covid un usuario da residencia de Chandrexa de Queixa

 

Seguen medrando os casos de coronavirus en centros de maiores galegos. Entre os 84 novos positivos incluídos na listaxe que vén de facer pública a Consellería de Política Social figura un usuario da residencia de Chandrexa de Queixa. Esta persoa foi trasladada ao Hospital de Ourense, tal e como se informaba dende este centro de maiores a través dun comunicado publicado nas redes sociais.

Ás 09:30h. este martes todo o centro, “tanto persoal como residentes sometémonos a un novo cribado para a nosa tranquilidade. A día de hoxe, tanto persoal como residentes non presentamos ningunha sintomatoloxía compatible con Covid-19”, segundo o comunicado emitido dende a residencia, no que ademais se indica que, “como cada semana, todos os traballadores e traballadoras dos centros sociosanitarios, sometémonos a un text pooling sendo os nosos resultados negativos na sua totalidade. Este resultado danos esperanza para pensar que todo esto quede nun caso illado”.

Dende a residencia de Chandrexa tamén agradecen “de todo corazón o enorme apoio que hoxe nos manifestaron todas e cada unha das familias dos nosos residentes tras as chamadas telefonicas que realizamos informando do sucedido”.

Na listade novos positivos de Política Social tamén figura un usuario da Residencia Nosa Señora da Saúde da Peroxa e un traballador da residencia de Esgos. En total Galicia rexistra 335 casos de Covid-19 en usuarios de residencias e 149 en traballadores destes centros, segundo Política Social.

Artigos relacionados

Back to top button