ConcellosÚltima hora

Positivo por Covid unha traballadora da gardería de Trives

Os centros educativos de Valdeorras suman 6 casos e os de Viana do Bolo 1, segundo o listado que emite a Xunta

Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Escola Infantil Unitaria da Pobra de Trives, é dicir da gardería, rexistra o seu primeiro positivo por Covid. Trátase dun membro do seu persoal, segundo matizan dende o Concello de Trives. Este é un dos positivos recollidos no listado de casos de coronavirus nos centros educativos galegos que publica neste 15 de xaneiro a Xunta de Galicia.

Neste listado tamén se inclúen tres positivos noutros tantos centros educativos de Valdeorras: 1 positivo no IES Martaguisela, 1 no IES Lauro Olmo e 1 no CEIP Julio Gurriarán. Neste último caso dende o centro matizan que se “trata dunha mestra substituta que deixou o colexio o 22 de decembro. Contaxiouse no período de Nadal polo que xa non formaba parte deste colexio que actualmente non ten ningún positivo”.

Ademais segue con 1 positivo o Colexio Pablo VI da Rúa, mentres que o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín ten 2. O IES Carlos Casares de Viana segue con 1 positivo.

No caso da comarca de Quiroga, o IES Quiroga rexistra 2 positivos e o CEIP San Clodio de Ribas de Sil mantén 1 positivo.

Artigos relacionados

Back to top button