OurenseÚltima hora

Posponse pola pandemia a programación do primeiro trimestre do 2021 do Auditorio de Ourense

O Concello adopta esta decisión pola “inviabilidade de ter unha audiencia mínima e para poder aumentar a colaboración na prevención da Covid-19”

Exterior do Auditorio Municipal de Ourense.

 

O Concello de Ourense vén de anunciar que pospoñerá, durante o primeiro trimestre de 2021, os espectáculos previstos no auditorio municipal. O goberno municipal adopta esta decisión por un dobre motivo: “a inviabilidade de ter unha audiencia mínima, e para poder aumentar a colaboración para a prevención en medidas fronte ao Covid-19”. Ourense atópase desde esta semana en nivel máximo de restricións, segundo decretou a Xunta de Galicia, de forma que cun toque de queda ás 22 horas e peche perimetral, a cidade non pode recibir público de concellos limítrofes, xa que asistir a espectáculos non é causa xustificada.

Así, non haberá actividades de xaneiro a marzo, agás os dous concertos previstos para este trimestre no ciclo Enclave de Cámara: os dos cuartetos de corda Zagreb Quartet, 04.02.2021 e Ardeo Quartet 04.03.2021, xa contratados con anterioridade. “Se no mes de abril o panorama cambiase, poderiamos abordar o segundo trimestre con certa normalidade”, asegura o goberno municipal.

Pola contra, o Teatro Principal, si mantén programación activa.

Artigos relacionados

Back to top button