OurenseSen categorizarÚltima hora

A posta en marcha da Praza de Abastos da Ponte, a través dunha adxudicataria

Goberno e oposición chegan a un acordo sobre o modelo de xestión das instalacións
A Praza de Abastos número 2 de Ourense está situada no barrio da Ponte.
Fachada da Praza de Abastos nº2, no barrio da Ponte. // Foto: Carlos G. Hervella

A apertura da Praza de Abastos número 2 de Ourense, no barrio da Ponte, xa está un pouco máis cerca. O diálogo e o consenso entre PSOE, Ourense en Común e PP permiten desbloquear a posta en marcha das instalacións ao chegaren a un acordo sobre o modelo de xestión. A comisión de seguimento desta infraestrutura acordou deste xeito apoiar a administración integral para o edificio.

O devandito sistema consistirá en que a xestión será adxudicada a unha empresa, sociedade ou UTE, sendo a adxudicataria a que busque os comerciantes que ocupen os oito postos e a cafetería do centro. O canon anual que fixará o Concello será de 45.000 euros ao ano.

Artigos relacionados

Back to top button