PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense aproba os seus orzamentos que ascenden a 325.000 euros

Dende o partido sinalaron que os cartos proceden das cotas das afiliacións, das achegas dos cargos públicos e das transferencias do PPdeG
Manuel Baltar e Rosendo Fernández presentaron os orzamentos á militancia. 

O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, reunido na sede provincial en Ourense, aprobou na tarde de hoxe, 20 de deccembro, a proposta de orzamentos da formación para o ano 2018, que ascende a case que 325.000 euros procedentes de tres vías: as cotas dos afiliados, as aportacións que realizan os cargos públicos do partido e as transferencias do PPdeG.

Tras a aprobación do documento económico, o presidente provincial, Manuel Baltar, salientou o traballo de xestión que realiza a formación popular ourensá, “baseada na planificación e maila anticipación, o que nos permite contar cuns orzamentos aprobados antes do inicio do ano”, destacando ademais “que mantemos así o noso compromiso coa transparencia que esixen os cidadáns”.

Artigos relacionados

Back to top button