PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense comeza a traballar nas Eleccións Locais de 2019

O partido elixiu hoxe ao Comité de Campaña para os comicios municipais e para as vindeiras Eleccións Europeas
Foto de grupo do Comité.

O Comité de Dirección do Partido Popular de Ourense nomeu esta tarde aos membros do Comité de Campaña que se encargarán da organización e desenvolvemento dos actos que se celebrarán con motivo das eleccións locais e europeas de 2019. Os populares ourensáns destacaron que son  a primeira formación política en España en poñer en marcha este órgano electoral.

Na xuntanza celebrada esta tarde no castelo de Maceda, o Comité de Dirección estableceu as liñas básicas de actuación que rexerán a partir deste momento de cara ás eleccións de 2019. Baixo o lema “Pasión por Ourense”, os populares formularon como obxectivos máis próximos o nomeamento dos candidatos ás 92 alcaldías antes do remate do ano, a incorporación de mozos en todas as listas ou, como nas locais de 2015, a presentación dunha candidatura á presidencia da Deputación e un programa provincial de goberno.

Este comité de campaña está Integrado por vinte persoas, baixo a presidencia de Manuel Baltar como responsable político, a composición do comité terá como coordinador de campaña a Rosendo Fernández; coordinador de organización a Jorge Pumar e como responsable de campaña de goberno provincial a Pablo Pérez. Marisol Díaz será a responsable de Transparencia; Miguel Santalices encargarase da mobilización electoral e os actos e Miguel Ángel Viso encargarase da formación, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button