PolíticaÚltima hora

O PPdeOU elixe aos representantes da provincia para a convención nacional de Sevilla

  Unha trintena de membros do partido provincia, con Manuel Baltar á cabeza, foron escollidos para ires en abril á capital andaluza
A asemblea tivo lugar na sede provincial, en Ourense.

Un total de 32 cargos do Partido Popular de Ourense, entre representantes natos e electos, integrarán a delegación ourensá que acudirá á convención nacional popular que se celebrará en Sevilla os días 6, 7 e 8 de abril. Dez destes representantes foron nomeados esta tarde na reunión da xunta directiva do PP, na que o presidente provincial Manuel Baltar, afirmou que “xa estamos a tomar o pulso da cidadanía e a iniciativa política cara un novo mandato local”.

A delegación ourensá, con Manuel Baltar á cabeza, estará composta polos parlamentarios autonómicos, deputados, senadores e representantes dos municipios de máis de 10.000 habitantes, ademais do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e José Antonio Parente, presidente provincial de Novas Xeracións. O resto dos membros nomeados hoxe, 19 de febreiro, de carácter electo, son por unha parte cargos do partido e, por outra, membros da xunta directiva.

A convención nacional do Partido Popular é un órgano de natureza consultiva que se celebra todos os anos, agás cando coincide coa celebración do congreso xeral, e ten como obxectivo avaliar, facer análise e orientar as estratexias e políticas da organización.

O presidente provincial, Manuel Baltar, sinalou durante a súa intervención na xunta directiva que os populares ourensáns poderán mostrar nesta convención que “xa estamos a tomar o pulso da cidadanía e a iniciativa política para responder as demandas que de cara a un novo mandato local nos expresa a veciñanza”.

“Dependemos de nós mesmos –engadiu Baltar- porque vimos de traballar desde hai moito tempo, pero tamén hai que preparar unha axenda que será moi intensa a partir de agora, cando queda pouco máis dun ano para someternos á confianza dos cidadáns nas urnas”.

Artigos relacionados

Back to top button