ConcellosÚltima hora

Pradorramisquedo (Viana do Bolo), incomunicado polas inundacións

 

Dende a pasada noite a aldea de Pradorramisquedo (Viana do Bolo) está incomunicada, segundo informa o 112 Galicia, xa que “o acceso a esta poboación é unha ponte que está completamente oculta pola auga”.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, “no pobo hai unhas vinte vivendas, das cales dúas teñen anegado o seu baixo e os seus habitantes encóntranse en bo estado. Foi unha persoa particular quen daba conta da situación ao 112 Galicia ao fío das 5:00 horas. A partir de aí, informouse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo, á Garda Civil, ao GES da Gudiña e aos Bombeiros de Valdeorras como medida de prevención”, aseguran dende este organismo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button