En portadaGalerías de fotos

Praias de interior para desfrutar á luz da lúa

O litoral da Galicia interior ofrece multitude de posibilidades para desfrutar durante o verán. Ademais de poder practicar diversos deportes náuticos ou refrescarse nas súas augas, tanto de ríos como de encoros, tamén resultan especialmente atractivas as vistas nocturnas que ofrecen entornos do oriente ourensán como son, entre outros, os do encoro das Portas en Vilariño de Conso, o do Bao en Viana do Bolo, os do río Sil, o Aguillón rues ou o encoro de Prada na Veiga. De esta última zona, que ten como referente a montaña máis alta de Galicia, Trevinca, son precisamente as imaxes que acompañan a este texto. Nesta zona tamén se poden realizar viaxes en catamarán e as súas praias son as máis altas da comunidade galega.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button